Sthela Táboas 09/03/2023

A proposta, levada ao Pleno de marzo do 2022 polo PSdeG-PSOE do Porriño, está dotada cunha partida de 150.000 € e favorecerá a familias vulnerables ou en risco de exclusión

No Pleno correspondente ao mes de marzo do pasado ano, o PSdeG-PSOE do Porriño presentaba a moción referente ao Bono Enerxético, na que se solicitaba unha liña de apoios para aprobar complementos de pago de facturas enerxéticas ás familias en risco de exclusión social, coa fin de ampliar a protección das persoas vulnerables ou en risco de exclusión.

Os socialistas do Porriño, que puxeron en marcha durante a pandemia o primeiro plan de apoio ao sector da hostelería e comercios do Porriño durante a pandemia da COVID-19, consideraban necesario que o Concello do Porriño seguise mantendo unha liña de apoio social ás persoas que o están pasando mal nestes intres, debido a situación ao alza de combustibles e prezos que a electricidade está a alcanzar.

A proposta socialista do Bono Enerxético, que foi aprobada por unanimidade da corporación no pasado ano, tivo que agardar ata este Pleno de febreiro para que se propusese partida correspondente. Cos votos a favor de todos os concelleir@s dos grupos da corporación, hoxe aprobáronse tamén por unanimidade os 150.000 € para o Bono Social Enerxético, que complementarán as facturas de electricidade das familias máis vulnerables e con menos recursos do Porriño.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad