Sthela Táboas 08/03/2023

Diminuirá o risco de caídas ao desnivel existente para os numerosos viandantes nesta zona da N-120

A Concellería de Obras, que dirixe Ramón Porto, iniciou estes días a instalación dun valado de seguridade na N-120,  na saída de Porriño hacia Cans.

Trátase dunha demanda histórica da veciñanza, que reclamaba solucións nunha beirarrúa de moito tránsito de peóns ante o risco de caída.

Cabe lembrar que fai 3 meses o PP votou en contra, no Parlamento Galego, do saneamento que falta en Cans, unha demanda máis que histórica dos veciños o mesmo que a da Casa Cultural da parroquia; máis cando se están a redactar proxectos similares noutros barrios porriñeses.

O edil explicou que “a instalación do valado estase a realizar con medios propios e abranguerá unha distancia de 150 m”, non se informa do importe.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad