O concello de Tui acomete a renovación destes elementos nas paradas do autobús con fondos propios
O Concello de Tui vén de renovar estes días catro novas marquesiñas nas parroquias de Pexegueiro, Paramos e Caldelas.
Esta actuación súmase á realizada o pasado mes de novembro en Rebordáns, Pazos de Reis, Baldráns, Caldelas, Malvas e Paramos. Deste xeito o goberno municipal, con fondos propios, optou por renovar estes elementos ante o mal estado de conservación que presentaban moitos deles.
As novas marquesiñas foron construídas e instaladas por operarios municipais.