A actual rexidora presentará este sábado na asamblea socialista a lista de persoas que compoñen o seu equipo de cara aos vindeiros comicios electorais
A alcaldesa e Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, confirmou no día de onte que se presentará á reelección como candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía nas vindeiras elección municipais que se celebrarán o domingo 28 de maio.
Verónica Tourón está decidida a renovar a confianza da veciñanza e poder así continuar transformando Salceda dende a alcaldía, desenvolvendo o seu programa de goberno durante a vindeira lexislatura.
Na asamblea da militancia socialista de Salceda, que se celebrará este vindeiro sábado na nova sede da agrupación local, presentarase a lista que encabezará a actual rexidora e que será ratificada, con toda seguridade, pola militancia socialista salcedense.