Dende este mes e hasta maio o CDL Torrón impartira tres cursos altamente demandados polas empresas da contorna
A concellería de Emprego e Formación que dirixe a alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, ponse en marcha un Plan de Formación deseñado e orientado a mellorar a capacitación profesional das persoas desempregadas, en eidos estratéxicos para mellora do seu perfil laboral e profesional.
Este proxecto formativo comeza o vindeiro martes 28 de febreiro dará comezo no CDL de O Torrón co inicio do curso de “Manipulador de Alimentos”.
Ademais, esta aberto o prazo de inscrición no curso de “Administración Electrónica”, demandado por moitas persoas e que dará a coñecer fórmulas para a tramitación electrónica coas distintas administracións públicas, nun momento no que estes coñecementos son indispensables na vida cotiá das persoas; necesidade que se amplía no caso da procura de emprego das persoas desempregadas e o contacto coas empresas. Este curso impartirase entre o 7 e o 30 de marzo.
Para completar este primeiro bloque do Plan de Formación impartirase, entre o 10 de abril e o 2 de maio, o curso “Preparación de pedidos” cuxa inscrición se abrirá o 20 de marzo. Esta formación é altamente demandada polas empresas da contorna.
A alcaldesa e concelleira de Emprego, Verónica Tourón, incide “na importancia da formación para mellorar a empregabilidade e aumentar as posibilidades de atopar un emprego por parte das persoas desempregadas. Dende a administración local marcámonos como obxectivo principal as políticas de creación de emprego e formación”.