Sthela Táboas 21/02/2023

A ampliación de espazos e a accesibilidade son as melloras a realizar na Casa do Mestre polos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego

A antiga casa do mestre de Vendanova, na parroquia de San Xurxo comeza obras de rehabilitación traballos que permitirán ampliar o espazo educativo, nunha das escolas unitarias que acollen máis alumnado. Estes traballos levaranse a cabo co Obradoiro de Emprego “Rehabilita Salceda”.

A actuación consiste en reformar e habilitar para uso educativo, a parte da edificación que antigamente se destinaba a vivenda do mestre e que, actualmente, se atopa en ruínas. Con esta reforma daráselle ubicación a un aula polivalente de gran tamaño, unha pequena oficina, un aseo e un hall de entrada.

Como parte importante da reforma procédese a proxectar unha rampla de acceso lateral, a construción dun aseo adaptado e a conversión do aseo actual en adaptado; o que permitirá que sexa unha edificación completamente accesible. Tamén se incide nos illamentos térmicos e acústicos, ademais nos revestimentos, focalizando na eficiencia enerxética.

Esta actuación é unha das tres intervencións que se realizarán co obradoiro de emprego, á cal hai que sumarlle o cambio de cuberta da aula da Picoña e o acondicionamento dunha pequena planta de almacenamento de refugallos, que permitirá ao Concello a súa clasificación e reciclar dunha maneira máis eficaz e selectiva. Esta última actuación xa se está a levar a cabo, de xeito simultáneo, coa rehabilitación da casa do mestre.

Estas actuacións seguen a liña de rehabilitación e reforma de espazos municipais para por a dispor da veciñanza, mellorando e aumentando servizos públicos fundamentais.

O obradoiro de emprego posibilita aprender un novo oficio de forma remunerada, pero ademais aporta outras moitas experiencias sociais e é unha oportunidade para atopar novas saídas laborais. Ademais de facer unha labor importantísima e moi útil. Un obradoiro que ademais relaciona catro áreas fundamentais no benestar da veciñanza: educación, medio ambiente, emprego e formación.

A alcaldesa e concelleira de Emprego e Formación, Verónica Tourón, subliñou que “dende a concellería de Emprego sempre apostamos polos obradoiros e a súa metodoloxía pedagóxica de ‘aprender traballando’, porque contribúe á formación integral do seu alumnado traballador e revirte dunha forma moi positiva a nivel social no noso concello, coa rehabilitación das instalacións municipais que prestan servizo á veciñanza”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad