Os socialistas solicitan o restablecemento de paradas e horarios, así como especial atención as necesidades de transporte das persoas con mobilidade reducida
No pleno do mes de xaneiro, o PSdeG-PSOE de Mos presentou unha moción na que se reclamaban melloras no servizo do transporte metropolitano prestado pola Xunta de Galicia, motivada polas queixas veciñais que se producen tanto no Concello, coma a través de chamadas á bancada socialista transmitindo as irregularidades.
Entre as reclamacións, atopamos o incumprimento dos horarios e das paradas, autobuses que non abranguen as necesidades da veciñanza con mobilidade reducida, non rematan as rutas chegando a estación de autobuses coma deberían, entre as cuestións que sinalan coma máis graves.
Por todo elo, os concelleiros socialistas pediron ao Concello que “faga un seguemento e posterior informe para ser remitido á Xunta, solicitándolle unha continuidade e que se restablezan as paradas eliminadas e, en definitiva, facer cumprir o contrato a empresa concesionaria”.
Victoria Alonso, voceira dos socialistas de Mos, argumentaba na súa intervención que é “un servizo necesario para a veciñanza que non dispón de facilidades para desprazarse, e que cos continuos problemas que se veñen arrastrando dende fai meses, provocan que a xente deixe de usar este servizo”. Alonso engade que “como consecuencia da eliminación e incumprimento dos servizos, dando lugar á conseguinte perda de usuarios, elabóranse informes alegando servizo deficiente”.
Por iso Alonso insiste en que “nos concellos rurais, é de suma importancia o transporte público e demostra a implicación ca veciñanza en función dos servizos prestados”; e remata dicindo que “non se pode permitir que as institucións perxudiquen á veciñanza con servizos que son imprescindibles” e convida ao PP de Mos a que “reclame ante a Xunta de Galicia unha solución urxente”.