Os participantes no programa asistiron hoxe á ponencia de Manuel Conde: “Cómo transformar-te desde la adversidad. Ponte un sueño y ¡HAZ QUE PASE! Mis 5 revelaciones inspiradas en EDISON”
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Ecoómica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, visitaron hoxe na Axencia de Colocación do Concello de Mos aos participantes no Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos que comezou o pasado novembro e que acada xa a súa oitava edición, que conta con subvención auntonómica da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que aporta 250.000 euros do total de 314.465,41 euros que custa o proxecto. O importe restante é cofinanciado pola administración local mosense.
A visita das representantes municipais, Arévalo e Loureiro, produciuse con motivo da Ponencia de Manuel Conde “Cómo transformar-te desde la adversidad. Ponte un sueño y ¡HAZ QUE PASE! Mis 5 revelaciones inspiradas en EDISON”. Esta charla reuniu por primeira vez na Axencia de Colocación de Mos a todos os 100 usuarios do Programa Integrado de Emprego desde o seu inicio no mes de novembro.
A conferencia abordou claves para a busca activa de emprego centradas en conceptos como que o éxito non está na meta, senón en non desanimarse nunca, que os erros son como os tropezos dos nenos, os penúltimos; que a intuición é unha xoia de valor incalculable. Tratou tamén sobre como elixo vivir o que me sucede e sobre que quen destrúe os soños alleos é porque non soubo lograr os propios.
Manuel Conce é fundador – director da Editorial Supérate. Formado en Intelixencia Emocional Nivel I e II. Adestrador Nacional de Fútbol. Autor de diversos libros de Transformación Interior. E conferenciante tanto a nivel Nacional como Internacional.
Os colectivos que participan nesta Edición VIII (2022-2023) do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos son: Persoas desempregadas con discapacidade 5. Persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) 5. Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación 20. Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas 20. Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI) 25. Mulleres desempregadas 20. Persoas desempregadas maiores de 45 anos 5. TOTAL 100.
As accións que se desenvolven ao longo do programa son:
1. Información, orientación e asesoramento a través dunha metodoloxía colaborativa. Obxectivo: que as persoas acaden a autonomía necesaria para establecer a súa estratexia individual de busca de emprego.
2. Dinámicas de traballo colaborativo(BAE/Formación/Inserción). Acción colectiva.
3. Formación do católogo de especialidades do SEPE. Itinerarios formativos coidadosamente seleccionadas ao abeiro das necesidades de mercado: itinerario de producción/automoción, itinerario de almacén/loxística, itinerario de limpeza, itinerario de atención ao cliente/sector servizos. Algún exemplo desta formación pode ser: Organización Do Almacén,xestión e control de compras e stock en almacén , Limpeza e Hixienización, Operacións Básicas De Caixa, política e xestión informatizada de stock, xestión do Servizo post-venta,
4. Formación non incluída no catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal. Formación que supón un impulso para a especialización das persoas participantes ademáis dunha oportunidade para adaptar o perfil formativo dos mesmos/as ás necesidadesdo mercado laboral actual carcterizado polo peso das novas tecnoloxías así como pola xa emerxida Industria 4. Algún exemplo destas acción formativas son: Introducción á Intelixencia artificial, Rede de Emprendemento, Acompañante de Transporte Escolar, Diagnóstico da Competencia Dixital segundo os Niveis Europeos, Atención Ao Cliente, Servizos Básicos de bar e cafetería….
5. Obradoiros de técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
6. Formación en habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
7. Formación en fomento da capacidade emprendedora.
8. Prospección empresarial. Captación de ofertas de Emprego.
9. Emparellamento de ofertas de Emprego coas persoas demandantes de emprego participantes.
10. Prácticas profesionaisnon laborais en empresas en consonancia, preferentemente co contido teórico práctico das accións formativas.
11. Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea, así como de ampliación do ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de Mos.
Obxectivo final do programa:
- A mellora da empregabilidade das persoas participantes.
- Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas.
- A inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes.
Medidas de apoio ao participante: as persoas participantes reciben unha axuda de 7 €/día por participar nas acciós que se establezan nos seus itinerarios de inserción e medidas de conciliación, se as necesitan.