Desfiles, bailes de máscaras, música e disfraces ocuparán as rúas da vila veciña lusa o 16, 19 e 20 de febreiro
En Monção, xa se sente a folia propia dun dos momentos máis divertidos e “galhofeiros” do ano, co “Entroido na praza 2023” organizado polo Municipio de Monção e coproducido polos bares Baluarte, República, Oh My God e Discoteca Pyramid.
O “Entroido na praza 2023”, constitúe unha iniciativa moi divertida e tranquila que, por enriba de todo, promete grandes momentos de animación para sinalar a festa máis alegre do calendario nacional luso. Dirixido a tódolos públicos, os días 16, 19 e 20 de febreiro, a maxia e a fantasía esténdese dos máis novos aos máis vellos, as rúas énchense de memoria, movemento e folia, e os disfrazados revelan o seu sentido de humor e gran imaxinación.
A noite máis animada e divertida está a chegar. Prevese unha estrondosa “explosión” de ledicia, con moita música e diversión na lustrosa Praza Deu-la-Deu, preparada para recibir tod@s @s disfrazad@s, veciñ@s do “Reino do Alvarinho” e tódolos nosos amigos, deste e do outro lado da fronteira.
Desfile das escolas e baile de máscaras júnior
O inicio da programación desta festa do entroido comeza o xoves 16 de febreiro, co desfile de entroido da Agrupación de Escolas de Monção, Colexio do Miño e Santa Casa da Misericórdia de Monção.
O domingo 19 de febreiro, ás 15.00 h, realízase o Baile de Máscaras Júnior na praza Deu-la-Deu con animación do DJ Pedro Pagodes e moitas sorpresas para @s cativ@s. Ás 17.00 h, entreganse os premios aos tres primeiros clasificados. As inscricións están abertas o propio día, no lugar do evento. Nesta tarde, a rapazada terá a oportunidade de brincar, cantar e bailar, cos seus disfraces carnavalescos. O sorriso d@s nen@s promete contaxiarnos nunha tarde marcada pola diversión e a creatividade.
A noite máis longa e leda
A noite máis longa e alegre do festival rueiro é a do luns 20. Tras inscrición e validación dos grupos participantes disfrazados, ás 22.15 h, comezará o desfile de entroido con saída do Parque de Estacionamento da @Cova do Can e chegada á Mega Tenda, instalada na praza Deu-la-Deu; pasando pola Avenida da Estación, Rúa Xeneral Pimenta de Castro, Praza Deu-la-Deu e Largo do Loreto.
Nesta noite de disfraces libres, o xurado dos premios apreciará e avaliará a creatividade, a coreografía, o vestiario e orixinalidade do tema; así coma a elaboración e construción dos disfraces, a ledicia e animación dos participantes e o cumprimento do Regulamento de Participación.
O concurso, consta de dúas categorías: – Categoría A –1 a 3 participantes – con dous premios un 1º de 150 € e un 2º Premio de 50 €. – Categoría B -máis de 3 participantes- con tres premios un 1ºde 400 €, un 2º Premio de 200 € e un 3º de 100 €.