Sthela Táboas 12/02/2023

Os voluntarios da agrupación salcedense interviron  o pasado ano nun total de 228 servizos

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas tivo, durante o ano 2022, unha intensa actividade de servizo público coa realización dun total de 228 operativos de diversa índole.

Do global dos servizos realizados destacan os que teñen relación coa súa intervención nas estradas coa atención prestada en 31 accidentes e 41 actuacións en incidencias diversas como retirada de animais ou limpeza de vertidos.

No que respecta a intervencións de carácter sanitario foron 3 e, as máis numerosas sumando 152, as intervencións relacionadas coa celebración de actividades e eventos de carácter, social, cultural e deportivo con importantes funcións de organización e mantemento da seguridade da veciñanza en cada unha delas.

A actividade da agrupación complétase coa sua dispoñibilidade para con outras agrupacións de voluntarios, entidades locais e outras administracións, participando en moitos servizos nos que se requiriu a súa presenza por demanda de efectivos para completar os diferentes operativos.

O equipo de goberno local, coa Alcaldesa Verónica Tourón á cabeza, quiso agradecer de primeira man a inmensa labor da Agrupación Local de Protección Civil e a alta estima que, o seu comportamento e adicación ao servizo público, teñen entre a veciñanza.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad