As persoas interesadas deben estar inscritas na Oficina de Emprego co código de ocupación correspondente a cada posto de traballo
O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas a través da Liña 3 do Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, para a activación do emprego.
Os postos ofertados para contratos de 6 meses son 1 auxiliar administrativo e 14 persoas peóns de horticultura e xardinería. Os outros dous postos son 1 oficial de segunda en carpintería, e 1 oficial de segunda en fontanería, nestes casos cunha duración do contratación de 9 meses e medio ou, coma moito, até o 31 de decembro deste ano.
As persoas interesadas deben estar inscritas na Oficina de Emprego co código correspondente a cada posto de traballo.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta coma grazas á liña 3 do Plan Concellos “poderanse reforzar distintos servizos municipais, ao tempo que as persoas que resulten seleccionadas poderanse incorporar ao mercado laboral durante un período que oscilará entre os 6 e os 9 meses e medio segundo o posto”.
A continuación figuran os códigos de ocupación correspondentes a cada posto:
- Auxiliar administrativo 43 091029 categoría 70
- Peóns/peoas horticultura e xardinería 95 121019 categoría 80
- Oficial/a segunda carpinteiro 71 311049 categoría 50
- Oficial/a segunda fontaneiro 72 211012 categoría 50