Sthela Táboas 07/02/2023

O conselleiro de Educación preside o acto de entrega aos 20 centros e 10 profesores gañadores das tres edicións, iniciativa que pon en valor o labor dos colexios e institutos que desenvolvan enfoques didácticos novidosos apostanto pola igualdade e a inclusión nas aulas

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salientou onte o compromiso tanto do alumnado coma do profesorado coa innovación educativa nas aulas, en liña coas accións estratéxicas do Goberno galego neste eido no sistema de ensino no seu conxunto.

Así o sinalou con motivo do acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e 10 profesores gañadores das tres edicións deste certame que naceu en 2020 impulsado pola Consellería de Educación, co obxectivo de poñer en valor e recoñecer as boas prácticas dos colexios e institutos que desenvolven enfoques didácticos novidosos.

“As iniciativas que desenvolven estes centros día a día -sinalou- son o mellor exemplo de que a través de ferramentas innovadoras, vencelladas ás novas tecnoloxías ou á aprendizaxe competencial, podemos potenciar valores esenciais como a inclusión, a igualdade, a creatividade, a resolución de problemas ou a vinculación coa contorna”.

O conselleiro aproveitou a súa intervención para reafirmar o compromiso do seu departamento con situar o sistema educativo galego nun dos eixes do cambio tecnolóxico actual. A este obxectivo responde a Estratexia Galega de Educación Dixital 2030, a folla de ruta das accións coordinadas para a transformación tecnolóxica do ensino e o perfeccionamento das competencias necesarias na sociedade actual. Neste marco, Román Rodríguez referiuse a accións específicas como a dotación de Polos Creativos, que chegan a máis de 200 centros de ensino, o impulso do STEMBach cun itinerario específico enfocado ao fomento das vocacións científico-tecnolóxicas ou os Contratos-Programa CP Innova para que os centros poidan implantar e impulsar accións de innovación.

Centros premiados:

CURSO 2022-23
 Categoría A (Infantil, Primaria, Educación Especial e centros ruraisCategoría B (Centros públicos integrados, institutos e centros públicos de Educación e Promoción de Adultos)
1º PREMIOCRA Mestre Manuel Garcés (Tomiño)IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas)
2º PREMIOCEIP Ponte dos Brozos (Arteixo)CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel)
3º PREMIOCEIP Virxe da Barca (Muxía)IES Praia Barraña (Boiro)
ACCÉSITCEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)Centro de Educación e Promoción de adultos do centro penitenciario da Lama
CURSO 2021-22
1º PREMIOCEIP Plurilingüe Torre-Cela (Bueu)IES Valadares (Vigo)
2º PREMIOCEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso)IES Plurilingüe A Cachada (Boiro)  
3º PREMIOCEIP ValleInclán (Vigo)IES Manuel Murguía (Arteixo)
CURSO 2020-21
1º PREMIOCEIP Plurilingüe Meaño-As CovasIES Plurilingüe AquisCelenis (Caldas de Reis()
2º PREMIOCEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira)IEs Alfonso X O Sabio (Cambre)
3º PREMIOCEIP San Tomé (Cambados)IES Isaac Díaz Pardo (Sada)

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad