O conselleiro de Educación preside o acto de entrega aos 20 centros e 10 profesores gañadores das tres edicións, iniciativa que pon en valor o labor dos colexios e institutos que desenvolvan enfoques didácticos novidosos apostanto pola igualdade e a inclusión nas aulas
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salientou onte o compromiso tanto do alumnado coma do profesorado coa innovación educativa nas aulas, en liña coas accións estratéxicas do Goberno galego neste eido no sistema de ensino no seu conxunto.
Así o sinalou con motivo do acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e 10 profesores gañadores das tres edicións deste certame que naceu en 2020 impulsado pola Consellería de Educación, co obxectivo de poñer en valor e recoñecer as boas prácticas dos colexios e institutos que desenvolven enfoques didácticos novidosos.
“As iniciativas que desenvolven estes centros día a día -sinalou- son o mellor exemplo de que a través de ferramentas innovadoras, vencelladas ás novas tecnoloxías ou á aprendizaxe competencial, podemos potenciar valores esenciais como a inclusión, a igualdade, a creatividade, a resolución de problemas ou a vinculación coa contorna”.
O conselleiro aproveitou a súa intervención para reafirmar o compromiso do seu departamento con situar o sistema educativo galego nun dos eixes do cambio tecnolóxico actual. A este obxectivo responde a Estratexia Galega de Educación Dixital 2030, a folla de ruta das accións coordinadas para a transformación tecnolóxica do ensino e o perfeccionamento das competencias necesarias na sociedade actual. Neste marco, Román Rodríguez referiuse a accións específicas como a dotación de Polos Creativos, que chegan a máis de 200 centros de ensino, o impulso do STEMBach cun itinerario específico enfocado ao fomento das vocacións científico-tecnolóxicas ou os Contratos-Programa CP Innova para que os centros poidan implantar e impulsar accións de innovación.
Centros premiados:
CURSO 2022-23 | ||
Categoría A (Infantil, Primaria, Educación Especial e centros rurais | Categoría B (Centros públicos integrados, institutos e centros públicos de Educación e Promoción de Adultos) | |
1º PREMIO | CRA Mestre Manuel Garcés (Tomiño) | IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas) |
2º PREMIO | CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) | CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel) |
3º PREMIO | CEIP Virxe da Barca (Muxía) | IES Praia Barraña (Boiro) |
ACCÉSIT | CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo) | Centro de Educación e Promoción de adultos do centro penitenciario da Lama |
CURSO 2021-22 | ||
1º PREMIO | CEIP Plurilingüe Torre-Cela (Bueu) | IES Valadares (Vigo) |
2º PREMIO | CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso) | IES Plurilingüe A Cachada (Boiro) |
3º PREMIO | CEIP ValleInclán (Vigo) | IES Manuel Murguía (Arteixo) |
CURSO 2020-21 | ||
1º PREMIO | CEIP Plurilingüe Meaño-As Covas | IES Plurilingüe AquisCelenis (Caldas de Reis() |
2º PREMIO | CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira) | IEs Alfonso X O Sabio (Cambre) |
3º PREMIO | CEIP San Tomé (Cambados) | IES Isaac Díaz Pardo (Sada) |