
Estará aberta ao público dende maña mércores ata o 8 de outubro na Sala Municipal de Exposicións
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui conta cun orzamento de 297.691 euros –dos que 250.000 euros serán achegados pola Xunta de Galicia a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade, e os 47.619,05 euros restantes, polo Concello de Tui– e nel participarán persoas desempregadas pertencentes a diversos colectivos:
- Persoas menores de 30 anos con baixa cualificación
- Desempregados e desempregadas menores de 30 anos cualificados
- Perceptores de prestacións
- Mulleres
- Parados de longa duración
- Persoas con discapacidade
- Inmigrantes
O obxectivo deste Programa de Emprego, é o de mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas en situación de desemprego e para iso, as e os participantes contarán cunha atención persoalizada durante os meses que dure esta iniciativa.
A execución de este programa implica asumir o compromiso de insertar como mínimo o 45% das persoas participantes coa penalización economica que corresponda polo seu incumplimento.
Neste sentido, o concello de Tui conta con experiencia anterior na execución de este tipo de programas, sendo este o 3 programa de emprego que se inicia neste mandato. (rematamos 1 e iniciamos 2 máis).
Para lograr os obxetivos que se pretenden tanto de inserción como de mellora da empregabilidade en xeral, as persoas participantes realizaran unha serie de accións que se integran o longo do programa, como son:
- Información, orientación e asesoramento
- Formación transversal en novas tecnoloxía e/ou idiomas
- Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea
- Habilidades sociolaborales e obradoiros de entrevista
- Fomento de capacidade emprendedora
- Prospección empresarial
- Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes
- Formación para o emprego: esta formación estará relacionada coas necesidades detectadas no mercado de traballo, e programadas en coordinación coas empresas colaboradoras.
As accións formativas previstas suman máis de 1000 horas de formación para o emprego, incidindo naquelas cualificacións con maior demanda no mercado laboral, entre as que están as seguintes:
ITINERARIOS PROFESIONAIS E FORMACIÓN VINCULADA:
– OPERARIO/A DE ALMACÉN
Xestión básica do almacén
Xestión informatizada e control de stock
Condución de carretilla elevadora
– OPERARIO/A DE PRODUCIÓN
Operacións básicas de liña de produción
Industria 4.0 no sector da automoción
Básico de prevención de riscos laborais
– EXPENDEDOR/A DE GASOLINA
Expendedor de gasolina
– COMERCIO E ATENCIÓN AO CLIENTE
Operacións básicas de caixa
Técnicas de venta e posventa
Decoración en tendas e escaparates
Técnicas de paquetería
– TURISMO E ATENCIÓN AO CLIENTE
HOTA0003_Recepción e atención ao cliente en establecementos de aloxamento
– ALIMENTACIÓN
Manipulación, despece , venda e conservación de produtos frescos da pesca
Manipulación, despece, venda e conservación de produtos frescos cárnicos
Manipulación, venda e conservación de froitas e verduras
Manipulación, venda e conservación de produtos de charcutaría
Manipulador de alimentos, alérxenos e APPCC
– LIMPEZA
SSCI012po_Limpeza industrial
FORMACIÓN TRANSVERSAL:
Competencias Dixitais Básicas
Competencias Dixitais Avanzadas
ADGD092_Entrevista de selección de persoal
ADGD032PO_Fundamentos do coaching e orientación
Igualdade de xénero
Obradoiro de mobilidade laboral
Obradoiro de entrevista
Obradoiro de busca activa de emprego
Obradoiro de técnicas de motivación para a busca de emprego
Obradoiro de emprendemento
FORMACIÓN ONLINE DIVERSA
- Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctica das acción formativas.
- Talleres de mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos disponibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea ( redes Eures).
Por outra parte, o equipo técnico destinado a execución de este programa desenvolverán un traballo de orientación laboral, acompañando e asesorando ás e aos participantes na súa busca de emprego. Paralelamente contactarán coas empresas da zona, nunha labor de prospección laboral, para coñecer as súas demandas de candidatos e candidatas ou formación. Ese paso é fundamental para, posteriormente, facer un traballo de intermediación laboral, emparellando as ofertas de traballo coas persoas participantes segundo os seus perfís e cualidades
Non menos importante é a posibilidade de realizar prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia co contido teórico práctico das accións formativas realizadas.