Contan cun orzamento de 1.084.413,74 € dos que algo máis de 750.000 € son de aportación autonómica
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou as obras recentemente iniciadas da nova senda cicloturista Alto de Barreiro-Santiaguiño; traballos que deron comezo a principios de ano, tras as pasadas festas de Nadal.
A obra do Carril Bici Alto de Barreiro-Santiaguiño conta con financiación, a través dunha subvención, mediante convenio, da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, de máis de 750.000 €.
O carril bici desde a rotonda de Alto de Barreiro -en estrada Puxeiros-Mos- ata a Capela de Santiaguiño -Estrada Peinador-Os Valos- trátase dun carril de 3,5 km de desenvolvemento pola marxe esquerda. A actuación pretende mellorar as circulacións deste vial, incluíndo proteccións para as zonas de cruzamento de peregrinos, así como a posta en valor dos elementos patrimoniais como o Cruceiro dos Cabaleiros.
Destexeito a Xunta colabora co Concello de Mos no impulso do cicloturismo e a seguridade viaria peonil no Camiño. O obxectivo do convenio de colaboración asinado con Turismo de Galicia é mellorar a seguridade viaria e a convivencia entre peóns, vehículos e ciclistas, especialmente no tramo en que o trazado coincide coCamiño de Santiago.
A actuación mellorará un tramo de 3,5 km de lonxitude e suporá un investimento de máis dun millón de euros distribuídos en dúas anualidades coobxectivo de seguir avanzando na mellora da mobilidade en un Camiño máis seguro.
A execución da senda cicloturista está encamiñada á mellora da convivencia entre peóns, vehículos e peregrinos entre o alto de Barreiro e a Capela de Santiaguiño, onde a estrada conflúe co Camiño Portugués.
A intervención suporá actuacións nun trazado que se estende ao longo de 3,5 km en que se fará un investimento total de 1.084.413,74 €, dos que Turismo de Galicia asumirá algo máis de 750.000 € distribuídos en dúas anualidades, de 361.471,28 € este ano e 391.646,12 € en 2024.
O ámbito de actuación correspóndeseco trazado da estrada municipal que comunica as parroquias de Torroso e Mos co núcleo rural de Santiaguiño, na parroquia de Louredo. Trátase dun trazado municipal moi transitado cun ancho reducido que non dispón ata o momento de itinerarios peonís seguros polo que a actuación estaría encamiñada a deseñar un trazado seguro onde convivan peóns e ciclistas cun ancho non inferior a 2,5 m que permitan xerar plataformas de convivencia con vehículos, especialmente naqueles tramos onde o trazado convive co Camiño.
A obra permitirá embelecer o Camiño coa disposición de zonas empedradas con lastros nos encontros do Camiño coa vía e, especialmente na contorna do Cruceiro de Santiaguiño, co fin de pór en valor o patrimonio cultural e favorecer a sinalización silenciosa do itinerario de peregrinación.