Sthela Táboas 29/01/2023

Aumentou un 21% respecto ao ano anterior alcanzando os 27.747 préstamos polo que se sitúa á á cabeza do ranking galego xunto coas cidades

Según os datos contabilizados o pasado ano, a Biblioteca Municipal do Porriño dependente da Concellería de Cultura, rexistrou no 2022 o seu récord histórico de préstamos e un alto índice de participación nos seus servizos e actividades. Pois con 27.747 préstamos, rexistra un incremento dun 21%, encabezando a Biblioteca porriñesa o ranking galego xunto ás grandes cidades. Destaca o incremento de usuarios, que dos  8.344 usuari@s na actualidade, 494 se deron de alta no 2022.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, explicou que “o segredo do éxito da nosa Biblioteca é manter a colección totalmente actualizada e facer a inversión necesaria para que @s usuari@s dispoñan das últimas novidades, tanto en lingua galega como en castelán. Contamos cun fondo de 39.940 documentos á disposición d@s usuari@s”. O rexidor puntualiza que “ademais, a biblioteca non se limita ofrecer o servizo de préstamo, tamén sirve de plataforma de iniciativas culturais atractivas e de numerosas actividades de promoción da lectura”.

Entre as iniciativas da Biblioteca atópanse o Club de Lectura, concebido como un espazo para ler e falar dos libros; as exitosas xornadas para familias e profesionais “Acompañando na aventura de crecer”, que este ano se retomarán; ademais das conferencias, talleres para nais e pais, ou a Feira do Libro. 

Este ano sumaranse tamén as xornadas de creación literaria “Da inspiración ao libro”, organizadas en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño e o Club de Lectura. A galega Ledicia Costas, será a encargada de presentalas e contarán con nomes como Marcos Calveiro, Diego Giráldez, Raquel Castro ou Carlos Meixide.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad