Un ano despois do seu repentino pasamento os compañeiros socialistas lembran á que foi a primeira alcaldesa de O Porriño en democracia
Hoxe fai un ano que nos deixaba a anterior alcaldesa socialista do Concello do Porriño, Eva García de la Torre, que faleceu repentinamente tan só um mes despois de deixar a Alcaldía.
Eva foi a primeira alcaldesa en democracia no Porriño, exportando un soplo de aire fresco, libertad de expresión e compromiso cos colectivos mais vulnerables. Soubo sacrificar os intereses persoais por enriba do interés xeral doas forzas progresistas, foi xenerosa e puso o seu cargo en mans do seu grupo e afiliados ao PSdeG-PSOE, para que o PP chegase ao poder nunha operación cargada de deslealdade hacia a vontade democrática, expresada polo pobo do Porriño nas urnas.
Eva García cargou no seu lombo con duras críticas e sufríu difamacións en determinados médios de comunicación, tratando de influir na súa imaxe coa intención de xerar unha opinión pública cargada de odio hacia a súa persoa. O seu pasamento válenos para reflexionar sobre os comentarios destructivos vertidos nas RRSS, descoñecendo a situación persoal na que se atopaba.
Nos seis anos e medio que estivo á fronte do Concello do Porriño destacou póla súa loita no soterramento do paso a nivel, mantendo reunións constantes coas diferentes administracións e acadando que se licitasen, por primeira vez, as catas para o posterior estudo xeotécnico por importe de 1M€.
Con ela chegou a transparencia ao Concello do Porriño, implantando o sistema dixital da documentación municipal; firmou o convenio de ampliación do Centro de Saúde; con ela chegou a gardería ao Polígono de A Granxa; xestionou a construción dunha pista de atletismo, a humanización de San Benito e Os Aloques, Doantes de Sangue… En definitiva, Eva García de la Torre, cos seus erros e cos seus acertos, fóisenos antes de tempo.