Sthela Táboas 27/01/2023

As condicións climatolóxicas dos últimos meses causaron numerosos desperfectos nas instalacións públicas e o Concello non conta con medios propios para resolvelos, polo  que cun orzamento de 27.000 € reforzarase o traballo do persoal municipal na resolución de avarías e auditarase o estado global da rede

Ante os danos causados polas treboadas e intensas chuvias dos temporais, o Concello do Porriño vén de contratar por emerxencia o reforzo do mantemento do alumeado municipal, acordando facelo polo procedemento de emerxencia.

A situación climatolóxica dos últimos meses ten ocasionado moitos danos,  pois debido aos fortes ventos e abundantes precipitacións as incidencias atendidas polos servizos  pasan por caída de lámparas, queima de cadros eléctricos, caída do tendido en lugares con auga encourada que á súa vez xeran perigo de descarga aos viandantes; ademáis da inseguridade cidadá xerada pola falla de alumeado nos viais públicos.

Deste xeito, cun orzamento de 27.000 € reforzarase o traballo do persoal municipal na resolución de avarías á vez que se auditará o estado actual da instalación. Unha mágoa que coa recente contratación de persoal municipal do Plan Concellos da Diputación, non se ofertase ninguna praza de profesionais en electricidade, sen necesidade de ter que asumir un gasto a maiores coma este.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, xustifica que “a situación na que se atopa o alumbrado público require de medidas urxentes, xa que co persoal co que contamos no é suficiente e son moitas as incidencias. Moitos veciñ@s están a verse perxudicados por isto e hai que darlles solución, xa que se trata dun servizo público ao que teñen dereito”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad