As/os alumnas/os traballadoras/es do obradoiro de emprego prepararon este martes 24 menús completos para persoas que atravesan dificultades económicas
Prestará este servizo os martes e xoves
A especialidade de Cociña de “Porremprego Cualifica” pretende axudar a aquelas persoas e familias do Porriño que se atopan nunha situación de vulnerabilidade e a tal fin púxose en marcha un comedor social nas instalacións do multiusos con capacidade para 25 comensais que onte iniciou a súa actividade.
No marco da súa formación os/as alumnos/as traballadores/as prepararán menús para distribuír entre as persoas usuarias seleccionadas polos servizos sociais municipais cada martes e xoves. Se ben se plantexou inicialmente que os menús se serviran nas instalacións do multiusos, tras tratalo coas persoas usuarias acordouse preparalos para levar e disfrutalos en casa.
O menú de onte incluía primeiro e segundo prato e postre e estaba composto por crema de cabaza, carne ao caldeiro e mazás asadas con natillas.
“A implicación dos/as participantes no obradoiro de emprego permite axudar a moitas persoas que pasan un mal momento”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Ademais puiden comprobar a ilusión e solidariedade coas que o fan, tendendo a man a quenes o necesitan”.