Sthela Táboas 26/01/2023

Contempla a creación dun consorcio que poda optar aos fondos Next Generation nunha nova liña de Restauración de Espazos Naturias que permita fixar e regular este espazo, así como poder establecer plans de recuperación e xestión

O espazo natural Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)–Zona de Especial Conservación( ZEC) As Gándaras de Budiño, representa unha zona de paso de aves, reserva de varias especies endémicas e unha das escasas marismas fluviais galegas que leva moitos anos ameazada pola presión industrial e o escaso interese das administracións públicas.

Con motivo da inminente a convocatoria da liña de Restauración de Espazos Naturias dos fondos Next Generation UE, nos vindeiros meses impulsarase unha liña de apoio a proxectos de recuperación de espazos degradados en zonas industriais, para cumprir co obxectivo de recuperar antes do 2030, alomenos o 40% dos espazos degradados en Europa.

Por todo elo, o PSdeG-PSOE do Porriño, presentou unha moción considerando “que esta Corporación debe dar un paso adiante no impulso dunha acción coordinada con outras administración, para optar a estos fondos constituindo un consorcio impulsado por este Concello, do que formen parte outras administracións e colectivos cidadáns, para establecer un auténtico anel verde arredor das Gándaras e das ribeiras do Louro.” Pois como acontece noutros proxectos europeos, sería este consorcio quen solicitase e xestionase estes fondos europeos.

Para que se poda poñer en marcha, a Xunta de Galicia debe aprobar o plan de xestión do ZEC As Gándaras de Budiño, para poder fixar e regular este espazo e poder establecer plans de recuperación e xestión.

Tratándose dun tema de interese municipal fundamental, os socialistas do Porriño, pediron onte no Pleno ordinario de xaneiro o apoio para as seguintes medidas, que foi refrendado por mayoría absoluta:

1.-Solicitude á Xunta de Galicia de que deseñe e aprobé o plan de xestión do espazo LIC ZEC Rede Natura 2000 dos Humidais das Gándaras de Budiño.

2.-Compromiso de posta en marcha dunha comisión informativa especial da Corporación, dacordo co establecido no Regulamento Orgánico de Funcionamento das Corporacións Locais, como espazo de traballo para o impulso de medidas de apoio e recuperación do espazo das Gándaras de Budiño e para a creación dun consorcio integrado por entidades públicas e privadas para a solicitude dos fondos Next Generation de Restauración Ambiental ou similares: e para a posta en marcha de accións de restauración e promoción deste espazo natural sen parangón en Galicia.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad