Sabela Landín 25/01/2023

Mos aposta polo autocoidado con dous meses de obradoiros gratuítos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes mosense, José Areal, o monitor deportivo municipal, Nacho Carballido, e Uxía Veiga monitora que impartirá los obradoiros, presentaron esta mañá uns ‘Obradoiros de autocoidado e vida saudable’ promovidos polo Concello.

A administración local mosense ofrece estes obradoiros para que a veciñanza poida probalos de xeito gratuíto e, os que teñan máis aceptación, incluílos nun futuro nalgún dos programas deportivos e/ou de participación cidadá municipais.

O programa de obradoiros comezará o vindeiro 10 de febreiro co taller ‘Aprende técnicas de respiración para calmar a mente e o corpo’. O 17 de febreiro será o obradoiro ‘Aprende a relaxarte e meditar’. O 24 de febrereiro impartiranse ‘Estiramentos para todos os días’. O 3 de marzo ‘Ioga en familia’. O 10 de marzo levarase a cabo o obradoiro ‘Danza e lémbrate da vida’. O 17 de marzo será o turno do taller ‘Coida a túa enerxía’. O 24 de marzo: ‘Sons que nos activan e relaxan’. E por último o ciclo de obradoiros rematará o 31 de marzo co ‘Baño de bosque Celta’. Todos terán lugar no Pavillón Óscar Pereiro en horario de 20.30 a 22.00 horas e contan con prazas limitadas e inscrición gratuíta. Os interesados en participar poden xa inscribirse na recepción da Piscina Municipal ou chamando ao teléfono 986 33 40 70 en horario de 09.00 a 14.00 horas

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad