Sabela Landín 24/01/2023

Este xoves, 26 de xaneiro ás 20.00 h. na Praza do Concello

Non podemos calar e aceptar unha Atención Primaria Pública de baixa calidade que leve, a quen poida, a contratar uns seguros privados enganosos e lixo (que xa soportan, tamén, listas de espera, recortes de probas e intervencións cirúrxicas).

Non podemos calar e aceptar que o persoal sanitario, farto da precariedade, baixos salarios, presión asistencial excesiva e consultas masificadas, acabe queimado e escapando da Atención Primaria.

Non podemos calar porque todo ísto, suporá o fin dun Modelo de Atención Primaria que, con algúns problemas, garantía unha asistencia sanitaria universal, accesible, equitativa e de calidade a toda a poboación.

Non calamos dende hai xa máis de cinco anos e, como todos os últimos xoves de cada mes, EU SON – ESQUERDA UNIDA do Porriño convoca a toda a veciñanza á concentración en defensa da nosa Atención Primaria. Ao igual que en toda Galicia, está en perigo polas políticas do Partido Popular que forman parte dunha estratexia para esquilmar o que é de todas e todos e engordar os beneficios do sector privado.

Asemade, facemos un chamamento á gran manifestación do día 12 de febreiro, ás 12.00 h. en Santiago, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública da que formamos parte xunto con colectivos, asociacións, sindicatos e outras forzas.

EU SON – ESQUERDA UNIDA

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad