Até o 12 de febreiro a Sala Municipal de Exposicións acolle as 45 obras presentadas a concurso
O anexo da Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez, acolle a exposición das obras gañadoras e participantes na sétima edición do certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’, que estarán á vista do público até o 12 de febreiro.
O concurso celebrouse o pasado mes de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui –ACITUI-, coa colaboración do Concello e outras entidades da cidade. Nesta edición participaron 45 persoas de toda a provincia de Pontevedra, recollendo nas súas obras espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos.
Entre as obras expostas estarán as gañadoras en categoría adulta, que premiou a Martina Bugallo, e xuvenil, na que venceu Martiño Ojea. Xunto a elas, na exposición pódense apreciar as creacións de Sergio Ribeiro, Javier Pereira, Servando Barros e José Luís García en categoría de adultos.
Na xuvenil, amais da obra gañadora, estarán expostas as obras de Arianna Pazos e Uxía Soto, mentres que na categoría infantil poderanse visitar as pinturas de Desirée de Dios e Manuela Martínez.
A exposición pode visitarse en horario de 09.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h de luns a venres, e os sábados de 09.00 a 13.00 h.