Sthela Táboas 19/01/2023

A piques de cumprirse un ano da que fora a primeira alcaldesa socialista do Porriño, o partido perde a outro gran pilar na política municipal

Onte coñecíamos a triste nova do pasamento do secretario de organización do PSOE do Porriño, Constantino Canabal Gómez aos 72 anos de idade. “Unha persoa con maiúsculas, unha rara avis difícil de atopar en política e ademáis cun valor incalculable como persoa, un señor dos pés á cabeza, reservado, honesto, íntegro, respetuoso, conciliador, pero sobre todo… boa persoa”, con estas verbas o despedía o candidato socialista á Alcaldía do Porriño, David Alonso.

“Tino”, como o coñecíamos no Porriño, era afiliado socialista dende o ano 2004 xunto a súa dona “Lita” á que lle deixa un grande vacío xunto ao seu fillo, netos e demáis familia e amig@s. Loitou ata o seu derradeiro alento, tras non superar unha longa enfermidade que a pesar dos agresivos tratamentos non pudo derrotar, pero Tino nunca se queixaba e, aínda con grandes molestias e dores, mantiña o seu especial sentido de humor e preocupación polo benestar das persoas.

Sen dúbida algunha, a política municipal perde unha gran figura, un traballador honesto e humilde que non comulgaba con o ‘todo vale’; un referente para aqueles que tivemos a sorte de compartir momentos con él.

O secretario xeral dos socialistas de Pontevedra, David Regades, destacaba que “Canabal foi un puntal do socialismo da provincia” e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, expresaba oseu pésame pola“triste nova” recoñecéndolle a “inmensa labor feita durante tantos anos”.

A caprichosa coincidencia fixo que Tino nos deixe case un ano despois que a súa compañeira socialista, Eva García de la Torre. Mañá será incinerado na máis estricta intimidade, pero a pesar de que a Canabal se lle apagou a luz, a sua esencia alumeará sempre nos que tivemos a sorte de coñecelo.  

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad