Sthela Táboas 18/01/2023

O Concello acomete obras de instalación da rede nos Camiños de Costa de Fiel en Louredo e Curuxeira en Tameiga dando sevizo a 20 casas

O Concello de Mos inviste 100.000 € en dúas obras de saneamento nas parroquias de Louredo e Tameiga. Trátase de traballos de instalación da rede de saneamento no Camiño Costa de Fiel en Louredo e no Camiño da Curuxeira na parroquia de Tameiga, dando servizo a un total de 20 vivendas; ambos financiados con medios propios da administración local.

No caso do Camiño Costa de Fiel, completanse as redes da zona e permiten dar servizo a 5 novas vivendas, coa execución de 264,20 m de saneamento consistentes na canalización das diferentes tuberías de PVC de Ø315 destinadas á rede, incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións….

Os traballo sinclúen demolicións e actuacións previas co corte e demolición de pavimento en todos os ramais, onde está previsto repor o firme na zona de apertura de zanxa. Procederase á excavación da zanxa e posterior recheo e compactación da mesma.

A nova pavimentación consistirá na reposición da zanxa con 20 cm de zahorra e 5 cm de mezcla bituminosa en quente. O orzamento total das obras en Costa de Fiel, financiado con fondos popiosmunicipais, ascende a 43.349,39 €.

No Camiño da Curuxeira en Tameiga, darase servizo de saneamento a 15 vivendas da zona, con conexións á rede xeral das 15 casas cun valor  das mesmas de 60.000 €.

Aproveitouse esta obra tamén para que a Comunidade de Augas de Casal-Tameiga cambie a tubería da traída de augas, asumindo o Concello o custe da zanxa e reposición, para que a Comunidade de Propietarios poida repoñer o tubo que corre da súa conta, e quede todo listo para que, por último, o Concello poida asfaltar con todos os servizos necesarios acometidos. A previsión é de que en febrero poidan estar rematadas as obras.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad