Sthela Táboas 15/01/2023

Esta carreira popular solidaria celebrarase o domingo 26 de febrero e dividirase en dous recorridos de 5 e 10 km

O pasado venres celebrouse no salón de sesións do Concello do Porriño a presentación da carreira 10K, ‘CorreMos contra o Cancro’, organizada pola admistración local mosense, á que asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Política Social, Igualdade e Participación Cidadá, Sara Cebreiro; o concelleiro de Deportes, José Areal; o atleta olímpico que participou nos Xogos de Barcelona 1992 na proba de 10.000 m, Carlos Adán; a polifacética deportista mosense, Verónica Romero; e membros da directiva da Xunta Local de Mos da AECC.

A carreira celebrarase o domingo 26 de febreiro con saída e chegada ao Pazo de Mos e o recadado coas inscricións neste evento deportivo solidario, será íntegramente destinado á Asociación Española contra o Cancro.

@s interesad@s en participar contan coa posibilidade de decantarse pola opción de andaina ou carreira. Ás 10.15 h sairá a andaina cun percorrido de 5 km de distancia e ás 10.30 h dará comezo a carreira de 10 km (1ª volta 5.400 m e 2ª Volta 4.600 m). Para participar é precisa inscrición previa a través da web www.cronotec.es ou en dependencias municipais, cun importe de 5 € para a andaina e de 10 € para a carreira.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad