Sthela Táboas 13/01/2023

Os socialistas do Porriño demandan que se aclare o sucedido co bebé en estado de hipotermia que foi atendido no PAC na noite do 5 de xaneiro

O PSdeG-PSOE O Porriño solicitou hoxe a comparecencia do alcalde e a concelleira de sanidade do Porriño para dar explicación sobre a labor da Policía Local sobre o caso do bebé que, fai uns días, sufríu unha situación de hipotermia, ante o cruce de acusacións entre os servizos do 061 e a Policía Local sobre o acontecido.

Os socialistas queren aclarar se a labor da policía estivo xustificada ou como indica o 061, existía un vehículo medicalizado máis adecuado para solventar esta situación. “Non se trata de porse ou quitarse medallas, trátase de que se debe seguir un protocolo de actuación consensuado e adecuado ante estas situacións e dispor dos medios necesarios. Para evitar este tipo de debates ante a ciudadanía, temos que ter toda a información para valorar se a actuación da policía local foi a adecuada ou se o 061 fixo ou non o que debía.”

O voceiro local do PSdeG-PSOE do Porriño, David Alonso Bargiela, esixiu explicacións ao alcalde do Porriño: “Os socialistas queremos traballar en positivo neste tema, solicitanto máis medios e información, pero o alcalde do Porriño debe explicar o acontecido e non estar cos brazos cruzados no eido sanitario. ¿Vai seguir dicindo como no último pleno da corporación que todo funciona axeitadamente, coma o servizo de citación telefónica ou vai a tratar de esclarecer estes feitos e evitar que se repitan no futuro? O neno en cuestión salvouse, pero debemos evitar no futuro situacións coma estas, temos que estar mellor preparados no futuro e ter utilizar o vehículo máis adaptado e un protocolo único.”

Dende a agrupación socialista “comprobamos día a día os recortes do SERGAS e do 061 e os continuos recortes en medios e equipos médicos, ambulancias en mal estado das subcontratas e recortes no personal humano. Por iso debemos aclarar esta situación”.

Dende o PSdeG-PSOE O Porriño informaron que solicitarán no vindeiro Pleno a comparecencia do alcalde como responsable da Policía Local e da concelleira de Sanidade, así como informes detallados tanto da policía local coma do 061 para aclarar esta situación, para que a próxima urxencia como esta, poida ser trasladada dacordo a un protocolo e o vehículo máis axeitado”. Asimesmo, os socialistas informaron que preguntarán no Parlamento Galego á Consellería de Sanidade sobre o acontecido neste caso, e estudian solicitar a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para evaluar o acontecido e tratar de mellorar os protocolos de actuacion entre o 061 e a Policía Local.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad