Sthela Táboas 11/01/2023

Dada a previsión de incidencias nos vindeiros días habilitouse o teléfono de atención gratuíto 900 833 999 para atendelas

A activación dun novo nodo para a implantación no Porriño dos servizos de telefonía móbil de nova xeración  4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, poderá xerar incidencias na recepción do sinal das canles da TDT, debido a que se utilizaban anteriormente para o servizo de televisión.

Así o comunicaron as operadoras de telefonía móbil que, para solventar estas incidencias, habilitaron o teléfono de atención gratuíto 900 833 999, ao que poden chamar aqueles usuarios que precisen solución as afectacións e, deste xeito, poida restablecerse o servizo TDT con total normalidade.

Unha vez notificada a incidencia, un técnico cualificado de “Llega700” –entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión– desprazarase ata o lugar e procederá a realizar os labores de acondicionamento necesarias para liquidala. Todo iso sen custo algún para os cidadáns.

O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional, permitindo gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad