Dada a previsión de incidencias nos vindeiros días habilitouse o teléfono de atención gratuíto 900 833 999 para atendelas
A activación dun novo nodo para a implantación no Porriño dos servizos de telefonía móbil de nova xeración 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, poderá xerar incidencias na recepción do sinal das canles da TDT, debido a que se utilizaban anteriormente para o servizo de televisión.
Así o comunicaron as operadoras de telefonía móbil que, para solventar estas incidencias, habilitaron o teléfono de atención gratuíto 900 833 999, ao que poden chamar aqueles usuarios que precisen solución as afectacións e, deste xeito, poida restablecerse o servizo TDT con total normalidade.
Unha vez notificada a incidencia, un técnico cualificado de “Llega700” –entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión– desprazarase ata o lugar e procederá a realizar os labores de acondicionamento necesarias para liquidala. Todo iso sen custo algún para os cidadáns.
O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional, permitindo gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica