Sthela Táboas 09/01/2023

O Polideportivo municipal encheu as gradas de público que desfrutou das dez agrupacións de rondallas participantes do Porriño, Mos, Tui, Gondomar e Nigrán

O Nadal 22-23 de O Porriño remataba onte co Encontro de Rondallas que tivo lugar no Pavillón Municipal e Deportes, reunindo a preto de mil rondalleir@s de dez agrupacións que fixeron un gran espectáculo musical e coreográfico sobre a pista, chegando a poñer en pé ao público asistente que completou o aforo.

O certame tamén foi retransmitido en directo a través nas redes sociais do Concello do Porriño, contando con gran número de espectadores á súa vez.

Participaron a Rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar), a Rondalla Nosa Merced de Chaín (Gondomar), a Rondalla Santiago de Parada (Nigrán), a Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos), a Rondalla Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos (Mos), Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Herville (Mos), a Asociación Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui) e as anfitrionas, a Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios  e a Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas.

Para evitar tumultos, habilitouse o pavillón 2 do polideportivo municipal, onde os rondalleir@s participantes puderon seguir o certame a través de dúas pantallas con emisión en directo, mentres degustaban dun chocolate quente.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad