Sabela Landín 05/01/2023

O certame, organizado pola Asociación Amigos da Catedral de Tui e o Cabildo catedralicio, celebrouse o martes 3 de xaneiro

A Catedral de Tui volveu acoller un certame tradicional de cada Nadal na cidade. O Concurso de Panxoliñas celebrou o martes 3 de xaneiro a súa vixésimo segunda edición e se pechou premiando coma gañador ao Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal.

A Catedral tudense resoou coas panxoliñas clásicas de Nadal e cos máis de 120 nenos e nenas das catro agrupacións participantes: o propio Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal, o Coro do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Pazos de Reis de Tui, o Coro de alumnos e ex alumnos do CEIP de Guillarei e o Coro Xuvenil da parroquia Nosa Señora do Rocío de Vigo.

O concurso recuperaba o seu formato habitual logos das restricións da pandemia, sempre co obxectivo de revitalizar as tradicións navideñas entre os máis novos. Deste xeito, o xurado fallou os seus premiados na seguinte orde:

  • O primeiro premio foi para o Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal
  • O segundo premio foi para o Coro do colexio de Educación Infantil e Primaria de Pazos de Reis de Tui
  • O terceiro premio ex aequo foi para o Coro de alumnos/as e exalumnos/as do CEIP de Guillarei de Tui e o Coro Xuvenil da parroquia Nosa Señora do Rocío de Vigo.

Segundo as bases deste certame, establecéronse tres premios por importe de 150, 100 y 50 euros respectivamente que foron entregados ao remate deste concurso. Asemade, dende la Asociación Amigos da Catedral de Tui agradecían a participación destas agrupaciones musicais e a gran resposta do público que se achegou a presencialo á Catedral de Tui.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad