As interesadas en participar na terceira edición desta acción formativa dirixida a mulleres xa poden facelo por mail orientacion@porremprego.org ou orientacion@oporrino.org, presencialmente en Porremprego ou chamando ao 604 039 575
Un total de 45 porriñesas participaron xa no programa de formación para a dixitalización das mulleres “Galegas Dixitais”.
A segunda quenda desta acción formativa, iniciada o pasado mes de novembro, rematou esta semana e, tras o éxito obtido e a gran demanda, porase en marcha unha terceira edición para que, deste xeito, as interesadas que aínda non puideron facelo non perdan esta oportunidade.
A terceira quenda comezará entre finais deste mes de xaneiro ou principios de febreiro, podendo participar todas aquelas mulleres interesadas que se atopen en situación de desemprego ou que teñan solicitada a mellora de emprego, co fin de aumentar as súas capacidades e incrementar a empregabilidade.
Como nas pasadas edicións, todas as participantes recibirán gratis un ordenador portátil co que realizar o curso e tamén poñer en práctica o que aprenderon unha vez finalizado.
O programa formativo contempla tres bloques, de 40 h de duración cada un deles: Competencias Dixitais Básicas, Competencias Dixitais Avanzadas e Competencias Dixitais para o Emprendemento.
As interesadas xa se poden inscribir enviando un email a orientacion@porremprego.org ou orientacion@oporrino.org, tamén presencialmente nas oficinas de Porremprego ou chamando ao teléfono 604 039 575.