Sthela Táboas 21/12/2022

O presidente e secretaria da Mesa da Asemblea son  Manoel Batista -rexedor da Cámara Municipal de Melgaço- e Ánxela Fernández Callís – alcaldesa de O Rosal-

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Rio Minho) vén de aprobar o seu Plan de Accións e o Orzamento para o ano 2023, unha partida de algo máis de 418.000 €, segundo anunciou hoxe o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT RioMinho, Uxío Benítez. Así mesmo, a entidade galego portuguesa renovou os cargos da Mesa da Asemblea para o presente mandato, que ten unha duración de catro anos e carácter rotatorio bianual.

Deste xeito, a presidencia da Mesa da Asemblea recaeu no presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manoel Batista Calçada Pombal, mentres que a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, foi elixida secretaria do órgano xestor, cargos que pasados dous anos se alternarán. Ademais nomeáronse como secretarios suplentes ao alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e ao presidente da Cámara Municipal de Ponte da Barca, Augusto Manuel dos Reis Marinho.

Fondos transfronteirizos para proxectos na fronteira

Segundo informou Uxío Benítez, o 2023 é un ano de transición entre os períodos de programación dos fondos europeos, polo que entre as prioridades do agrupamento para o vindeiro ano está a finalización de proxectos suxeitos a solicitudes aínda presentadas no anterior Interreg e a preparación de solicitudes para o Interreg 2021-2027.  O director do AECT RioMinho insistiu en que “estes fondos europeos nacen e están pensados para os territorios transfronteirizos e son os proxectos que se crean e xestionan dende aquí os que deben recibilos”, unha reivindicación compartida polas alcaldías do territorio e as presidencias da Deputación de Pontevedra e do CIM Alto Minho.

En 2023, seguirase apostando pola consolidación do traballo en rede fortalecendo as dinámicas locais de cooperación transfronteiriza, destacando entre elas o desenvolvemento das “Axendas Urbanas do Río Miño Transfronteirizo”. Do mesmo xeito, continuará a labor do  “Observatorio de Dinámicas Transfronterizas” e o proceso de planificación estratéxica (“Estratexia Transfronteiriza 2030 Río Miño”), que se levará a cabo en colaboración coa CIM Alto Minho e Deputación de Pontevedra.

O traballo do AECT RioMinho en materia de preservación e posta en valor territorio pasa pola consolidación da Marca RioMinho, do anel verde de rutas transfronteirizas e do servizo de préstamo de bicicletas e-bike RioMinho, proxecto que goza de grande éxito entre a cidadanía de ambas marxes do río. Tamén se dará continuidade ao proceso de identificación de obstáculos á mobilidade e integración transfronteiriza no territorio do río Minho e ao fomento de colaboracións para o deseño de solucións propostas, tras a participación na iniciativa B-Solutions – BoostingGrowth da Unión Europea.

Proxecto de colaboración e recoñecemento a Ponte… nas Ondas!

Durante a Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado luns na Casa do Conde de Salvaterra de Miño acordouse ademais por unanimidade un recoñecemento específico á asociación galego-portuguesa Ponte… nas Ondas! pola súa recente inscrición no Rexistro de Boas Prácticas da Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. A organización cultural e pedagóxica leva preto de 30 anos traballando a prol do patrimonio cultural inmaterial do territorio miñoto, acción que ten compartido co organismo de cooperación europea como no desenvolvemento do proxecto “Tesouros Humanos do Río Miño Transfronteirizo”, unha iniciativa de recuperación da memoria cultural galego-portuguesa transfronteiriza que se materializou na creación dun repositorio web (http://smartminho.eu/tesouros-humanos-vivos/) con toda a información recompilada, un documental, unha exposición itinerante, contacontos nas escolas e a edición dun libro infantil.

Precisamente, nesa mesma liña de traballo o AECT Río Minho e Ponte… nas Ondas! veñen de asinar un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Centro do Patrimonio Cultural Inmaterial do Río Miño, unha proposta impulsada polo agrupamento europeo dentro do proxecto Livhes, financiado polo SUDOE, que verá a luz o vindeiro ano.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad