Sthela Táboas 13/12/2022

Os traballos que conectarán á rede 14 vivendas contan cun orzamento de 96.000 € e darán comezo no mes de xaneiro

A través da Concellería de Vías e Obras que dirixe Ramón Porto, o Concello do Porriño, vén de adxudicar a Construcciones Fechi SL as obras de saneamento no núcleo da Devesa, na parroquia de Budiño.

A obra conta cun orzamento de 96.077,99 € e os traballos darán comezo a mediados do mes de xaneiro, cun prazo máximo de execución de 3 meses.   

O alcalde, Alejandro Lorenzo, explicou que serán 14 as vivendas que se poderán conectar á rede de saneamento.

O proxecto contempla a conexión da zona coa rede xeral de abastecemento e saneamento, para o cal se instalará un colector principal de 600 m e colectores de sección de tramos de 72 m, 75 m e 50 m. Inclúe tamén os traballos de pavimentado e renovación do firme na zona de actuación.

Ademáis realizaranse melloras por importe de 10.700,30 € (8.843,22 € máis 1.857,08 € en concepto de IVE), de acordo coa oferta presentada polo licitador dentro do establecido nos pregos, que inclúen: o sobrecoste da execución de 8 pozos de rexistro estancos, compostos por cono con xunta, corpo, clip elastométrico e base estanca con xunta; así como 8 m3 de formigón HA‐25N en gabias de drenaxe transversal;  4 m lineales de cuneta de formigón tipo V de 100 cm de desarrollo construida en formigón en masa H‐175 de 10 cm de espesor; e  1 m2 de muro de contención de mampostería de pedra de ata 1.50 m de altura.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad