Sabela Landín 13/12/2022

Van dirixidos a nenos e nenas de 5 a 12 anos. É preciso inscrición previa.

Dentro da programación “Tui, o Camiño do Nadal” a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá do luns 26 ao venres 30 de decembro un total de cinco obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Para asistir é preciso inscrición previa ben por correo electrónico en biblioteca@tui.gal ou presencialmente no propio centro bibliotecario indicando idade do neno ou nena así como un telefono de contacto.

Os obradoiros celebraranse diariamente ás 11.30 h. O luns 26 será de Adornos navideños, o martes 27 Animais fantásticos, o mércores 28 Xogemos xuntos, o xoves 29 Contos de elfos e o venres 30 A maxia do Nadal.

Para a concelleira de Ensino e Cultura do Concello tudense, Sonsoles Vicente Solla, o obxectivo destes obradoiros é favorecer entre os rapaces e rapazas a creatividade como unha forma de enriquecemento para o tempo de lecer, ao tempo que é unha oferta para a conciliación que precisan moitas familias neste tempo de Nadal.

Tamén dentro da programación de Nadal da Biblioteca Municipal tudense está en funcionamento o Mercadiño Solidario de Libros que até o venres 30 de decembro, ofrece a posibilidade de intercambiar produtos de Nadal por libros, cunha ampla oferta de libros procedentes de expurgos e doazóns e que cada día son completados repoñendo exemplares.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad