Sthela Táboas 01/12/2022

O comedor social con capacidade para 20 comensais abrirá ás súas portas a mediados de xaneiro e xestionarase a través dos servizos sociais do Concello. A través do programa ‘Porremprego Cualifica’, 20 desempregad@s estanse a formar  mentres traballan no Obradoiro Dual de Emprego en Cociña e Atención Sociosanitaria en domicilio e institucións

Promovido polo Concello do Porriño e subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 503.987 €, que se está a desenvolver nas instalacións do multiusos de Torneiros, 20 persoas desempregadas do Porriño fórmanse mentres traballan no obradoiro dual de emprego `Porremprego Cualifica´.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, visitou esta semana aos alumnos do obradoiro para coñecer de primeira man como se está a desenvolver a formación e os proxectos nos que traballan nas dúas especialidades que se imparten: a de Cociña e a de Atención Sociosanitaria en domicilio e institucións.

A especialidade de Cociña de `Porremprego Cualifica´ plantexa axudar a aquelas persoas e familias do Porriño que se atopan nunha situación de vulnerabilidade. A tal fin, poñerase en marcha un comedor social nas instalacións do Multiusos con capacidade para 20 comensais, que abrirá as súas portas dous días á semana e será xestionado a través dos servizos sociais do Concello. “Sabemos que neste momento hai moitas persoas atravesando momentos de dificultade e coa  implicación do persoal do obradoiro e dos traballadores e traballadoras do mesmo queremos axudalos”, concluíu o alcalde, “Temos que estar á altura das circunstancias e facer do Porriño unha vila máis humana e solidaria se cabe”.

O comedor social prevé iniciar a súa actividade  a mediados do mes de xaneiro, os martes e xoves.

Para que ninguén quede sen celebrar este Nadal, nestas datas tan entrañables, os alumn@s traballadores da especialidade de cociña, prepararán un xantar de Nadal para levar para a casa este 22 de decembro. Serán 6O as persoas beneficiarias, xestionadas a través dos servizos sociais. O menú constará de dous pratos e postre.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad