O PSdeG-PSOE propón un programa municipal para a integración de mulleres víctimas de violencia de xénero ou en situación de exclusión social
O PSdeG-PSOE do Porriño propondrá no vindeiro pleno da Coporación Municipal do Porriño a posta en marcha dun programa municipal de integración sociolaboral de mulleres víctimas da violencia de xénero ou en risco de exclusión social.
Así o manifestaron na mañá de hoxe a secretaria socialista de Igualdade local Ángeles Rey e Tania Besada, secretaria de formación e emprego da comisión executiva local do PSdeG-PSOE do Porriño.
Ángeles Rey manifestou que, ademáis de reivindicar a loita contra a violencia de xénero, exemplificada na celebración o 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de xénero, “desgraciadamente, a violencia de xénero non se manifesta só en situacións de violencia física, senón tamén na violencia estructural do sistema económico, que marxina ás mulleres todavía en moitos ámbitos e que condena á muller a situacións de precariedade social económica, ás que debemos facer fronte como sociedade. Por iso debemos tomar máis medidas”.
Neste senso, Tania Besada, afirmou que “O Porriño ten que ser punteiro en impulsar medidas que axuden a paliar estas situacións. Por iso, dende o grupo socialista queremos trasladar ao pleno da corporaición municipal do Porriño, a proposta de que O Porriño sexa punteiro nun programa propio de impulso á empregabilidade e loita contra a exclusión social, das mulleres víctimas da violencia de xénero e en situación de precariedade laboral. Para elo plantexamos crear un programa municipal dotado con 100.000 € para xerar itinerarios formativos e de asesoramento para inserción laboral de mulleres víctimas de violencia de xénero ou en risco de exclusión social que bautizamos co nome de “Porriño Integra”.
O secretario xeral e voceiro socialista do Porriño David Alonso informou que o Grupo Municipal Socialista presentará esta moción aos grupos municipais para tentar acadar un acordó unánime da corporación neste sentido, e afirmou que “O compromiso do PSOE cunha igualdade efectiva entre homes e mulleres que supere situacions de violencia física ou económica estructural é total, e queremos que O Porriño sexa punteiro neste campo”