Sthela Táboas 25/11/2022

A proba, que bate récord de participantes, sairá mañá as 20.30 h dende Valença e a liña de meta estará no Paseo da Corredoira de Tui

A VI Urban Trail Night Eurocidade baterá mañá record de participación con máis de 420 persoas inscritas. A madriña da proba será a triatleta Aida Valiño que tamén participará na mesma.

A carreira nocturna, organizada polas empresas Noko360 e Sra. Emilia en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença sairá mañá ás 20.30 hora española, dende o Centro Coordinador de Transportes de Valença. A liña de meta estará situada no Paseo da Corredoira de Tui.

Por vez primeira a proba contará con dúas distancias, 16 km e 8 km, para deste xeito chegar a un maior número de deportistas e coa máxima é dar a coñecer o patrimonio histórico e natural de Tui e Valença da man do deporte, xa que boa parte do percorrido transcorrerá pola Fortaleza de Valença e polo conxunto histórico de Tui, atravesando amais a centenaria ponte internacional que une as dúas cidades.

Prevese que os primeiros participantes na distancia curta, 8 km, poidan cruzar a liña de meta 40 minutos despois da saída, mentres que os que realicen a distancia longa empregarán pouco máis dunha hora.

A Urban Trail Night Eurocidade súmase á conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller agasallando a todas as persoas participantes cunha camiseta de cor morada.

Esta é a penúltima proba do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença deste ano 2022.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad