Sthela Táboas 23/11/2022

Entre os días 1 e 6 de decembro Valença será a capital do chocolate

Durante seis días, a Fortaleza de Valença será o destino preferido para degustar e sentir, ese ben preciado froito do cacao convertido en chocolate, que poderase consumir de numerosas maneiras.

Valença Fortaleza de Chocolate volta cun formato cheo de novidades, como unha feira/exposición adicada á degustación e compra de produtos de chocolate e repostería.

A feira contará coa presenza de pasteleiros, reposteiros, produtores de chocolate e chocolateiros portugueses e españois.

Este ano, o evento terá lugar en seis puntos da Fortaleza, entre o Xardín das Amoreiras e o Largo do Bom Jesus, na Coroada e a Praça da República, a rúa da Oliveira, o Largo do Governo Militar e a Travessa do Hospital Militar, no Recinto Magistral, entre as 10:00 e 20:00 h (hora local).

Para o alcalde de Valença, José Manuel Carpinteira, a Fortaleza do Chocolate pretende posicionarse como “un evento que dinamiza a actividade cultural e económica de Valença, nunha época tan especial do ano, levando un produto gastronómico emblemático que tantos recordos leva a Valença e toda a comarca”.

‘Fortaleza de Chocolate’ forma parte da programación de Nadal promovida polo Concello, que comezará en Valença o 1 de decembro, con diversas actividades que  continua ata as festas de Reis.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad