Sthela Táboas 22/11/2022

Os deputados provinciais María Victoria Alonso e Santos Héctor Rodríguez comprobaron a optimización da Estrada Generoso Domínguez, desde o Camiño da Quinta ata a Igrexa de San Pedro de Cela

O Concello de Mos recibiu onte á mañá, a visita dos deputados provinciais María Victoria Alonso Méndez e Santos Héctor Rodríguez Díaz, acompañados da alcaldesa, Nidia Arévalo; o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras mosense, Camilo Augusto; o concelleiro da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso Táboas; o Presidente da AVV Celado, Evaristo Ucha; e o Técnico municipal, Ramón Vega..

Esta obra conta cunha subvención por importe de 435.801,90 €, financiada polo Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, con destino ao financiamento do investimento “Humanización da estrada Generoso Domínguez dende o camiño da Quinta ata a Igrexa de San Pedro de Cela”.

A finais do ano 2020 o Pleno do Concello de Mos aprobaba por unanimidade a expropiación necesaria para acometer esta segunda fase da humanización Cela. Tratábanse de 5 parcelas afectadas para a realización da obra e da expropiación dun propietario.

Trátase da segunda fase da humanización de Cela que abarca desde a estrada Generoso Domínguez, á altura do Camiño da Quinta, ata Igrexa de San Pedro de Cela. O Orzamento Base de Licitación incluido IVA, ascende á cantidade de 435.801,90 €.

A primeira fase deste proxecto, executada durante os meses de xaneiro a marzo de 2019, vai desde a Estrada PO-331 Porriño-Gondomar ata o Camiño da Quinta, e tiña un orzamento de 177.277,02€ máis IVE, co que se acometeu a execución dunha nova beirarrúa de 337 mde longo e de 2 m de ancho na marxe esquerda (parte Norte do viario).

A actuación visitada onte, correspóndese á segunda fase de humanización da Estrada Generoso Domínguez, nunha lonxitude de 321 m entre o camiño da Quinta e a Igrexa de S. Pedro de Cela, que inclúe a creación dunha nova beirarrúa de 2 m de ancho na marxe esquerda (parte Norte do vial). Esta beirarrúa está axustada á aliñación que define o PXOM, o cal aumenta o ancho a 10 m, e inclúe novos muros de contención nalgunhas zonas. Son en total 4 novos muros que suman un total de 234 m de lonxitude.

A actuación inclúe unha nova beirarrúa de 2 m de ancho pola marxe esquerda (Norte), axustada á aliñación definida no PXOM con vaos de acceso a parcelas. A sección de beirarrúa é formigón coloreado.

Debido ao perigo do tramo, con anchos de apenas 5 m para o cruzamento de vehículos, e curvas pechadas, sen visibilidade, fíxose unha ampliación da plataforma nos puntos máis restritivos, dentro dos límites das aliñacións do Plan vixente, para mellorar o trazado e posibilitar o cruzamento de grandes vehículos con maior seguridade.

A ampliación da plataforma para a creación de itinerarios peonís e a mellora da eficiencia enerxética da rede de servizo, implicou a revisión e instalación dunha nova rede de iluminación pública, que consta de novo cadro de mandos, situado no centro de cargas, do que parten dous circuitos, gabia para iluminación pública, enterrada baixo beirarrúa, por onde discorre o cableado, e novos farois, situados ao bordo da nova beirarrúa. Dispuxéronse os puntos de luz de maneira unilateral na marxe esquerda cada 30 m aproximadamente. O modelo utilizado foi o composto por farol de 9 m con columna galvanizada azul troncocónica e luminaria led.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad