Sthela Táboas 21/11/2022

A obra da compañía ‘Contraproduccións’ recibiu os premios Premio María Casares 2022 á Escenografía, Dirección e Mellor espectáculo e o Premio do Público 2021 no Festival Internacional de outono de Carballo

Este venres día 25 ás 21.30 h, o Teatro Municipal de Tui pecha coa compañía Contraproduccións a extensa programación de outono que se celebrou durante o pasado mes de outubro e este mes de novembro.

Contraproduccións representará ‘Cigarreiras’, un drama baseado en “La Tribuna” de Emilia Pardo Bazán. Nesta proposta dramatúrxica, con sete actrices en escena, conxuga o ton propio dun drama individual e colectivo, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, característicos da narrativa de Pardo Bazán.

A obra, que se basea significativamente na citada novela, constitúe un produto literario-dramático derivado pero independente, nun texto que aborda unhas situacións e referencias históricas de interese cultural. Nelas, unha relación imposible entre unha proletaria e un burgués que transcorre nunha época confusa e convulsa levou á proclamación da I República.

Amais, trata temas vivos hoxe en día como a memoria colectiva, perspectiva de xénero, dialéctica de modelos sociais e políticos, etc.

Baixo a dirección de Cándido Pazó dirixe o elenco formado por Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, CovadongaBerdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola.

A obra recibiu os Premios María Casares 2022 á Escenografía, Dirección e Mellor espectáculo e amais foi galardoada co Premio do Público 2021 no Festival Internacional de outono de Carballo. As entradas están dispoñibles en www.tui.gal aos prezos de 8 e 6 euros, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo de o carné xove,  carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad