Sthela Táboas 21/11/2022

O Secretario Xeral para o Deporte participou na xornada lúdica que incluíu homenaxe ao equipo feminino da Unión Deportiva Mos -recentemente ascendido a 1ª Autonómica- e co posterior partido na casa de 1ª Nacional do U.D. Mos Feminino contra o C.D. Olímpico de León

Unha vez rematadas as obras de renovación do céspede artificial do Campo de Fútbol Municipal de As Baloutas, cofinanciadas entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Mos, celebrouse onte á mañá nun acto de presentación de portas abertas.

O evento, que tivo lugar antes do partido de 1ª División da Liga Nacional do U.D. Mos Feminino contra o CD Olímpico de León, foi concebido como unha gran festa dirixida a todos os integrantes do fútbol base da Unión Deportiva Mos e que, ademáis, contou co recoñecemento e homexaxe ás integrantes do equipo de Fútbol Feminino Senior B (Filial) polo seu recente ascenso a 1ª Autonómica.

No acto estiveron presentes o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; o Tenente alcalde do Concello de Mos, Camilo Augusto; o concelleiro de Deportes, José Areal e membros do goberno local e da Corporación Municipal. Pola banda da RFGF o seu Vicepresidente, José Manuel Fernández; os delegados, Delfín e Eloísa Nogueira; o presidente da U.D. Mos, Pablo Alonso Serodio; e demais membros da directiva da U.D. Mos.

A actuación acometida é a substitución de céspede artificial do campo de fútbol de As Baloutas. A tal fin a técnico competente, elaborou un proxecto técnico cun orzamento de 188.793,93 € (IVE incluído). Para financiar o custe desta mellora do terreo de xogo en As Baloutas asinouse un convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia -que achegou 100.000 €-  e o Concello de Mos -que aportou 88.793,93 €-.

As Baloutas é un campo de fútbol polo que pasan en tempada entre 500 e 600 deportistas á semana e 1.500 persoas á semana (entre público, proxenitores, familias… etc.) A Unión Deportiva Mos conta en total con 462 xogador@s e 20 equipos, dos cales 5 son femininos. O número total de mulleres xogadoras da U.D. Mos ascende a 148. Ademais do U.D. Mos Feminino que xoga en 1ª Nacional, a Unión Deportiva Mos conta agora tamén con outro equipo feminino que ascendeu a Primeira Autonómica, o Senior B (filial), que logrou o ascenso o pasado 3 de setembro.

A Secretaría Xeral para o Deporte participou neste proxecto co obxectivo de potenciar o deporte base, sendo consciente da importancia da súa colaboración económica cos concellos para afrontar obras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva. O proxecto técnico do Concello de Mos, para a substitución de céspede artificial do campo de fútbol de As Baloutas, é autoría da técnico municipal enxeñeira industrial, Raquel González Gómez.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad