Sthela Táboas 17/11/2022

Organizada polo BNG porriñés terá lugar hoxe xoves 17 de novembro, no Centro San Salvador de Torneiros ás 19.00 h

O Pleno da Corporación Municipal do Porriño aprobou, no mes de maio, unha moción do Bloque para que o Concello do Porriño solicite ante a Xunta a declaración de Espazo Natural de Interese Local (ENIL) para o río Louro e os seus regos, caso do Laxes na parroquia de Torneiros.

O ámbito que se pretende protexer parte do Paseo do Louro, no casco urbano, e chega as Gándaras de Budiño, co fin de crear un corredor ecolóxico de flora e fauna que poña en valor estes bosques de ribeira, hábitats de conservación prioritarios para a Unión Europea. Acadar esta figura que outorga a Xunta de Galicia serviría para protexer no seu conxunto os ecosistemas do Louro ao seu paso polo Porriño, complementando así a protección ambiental coa que conta na actualidade o espazo incluído dentro da Rede Natura.

Existen múltiples factores de risco para este ecosistema, como a presión urbanística e industrial, caso da continuidade do matadoiro na súa ubicación actual ou o Centro de Transportes que Zona Franca proxecta construír en Torneiros; así como a introdución de especies vexetais e animais foráneas, as talas e desbroces agresivos, o emprego de herbicidas, os vertidos incontrolados, unha iluminación agresiva ou o alto volume de ruídos que soporta.

A día de hoxe e transcorrido medio ano desde a aprobación da moción presentada polo Bloque, Alejandro Lorenzo mantén paralizada unha iniciativa que axudaría e rexenerar estes espazos e defendelos de futuras ameazas.

O acto contará coa presenza de Alberto Oubiña, concelleiro do Bloque no goberno de Pontevedra, Concello impulsor de dous ENIL na cidade do Lérez: o río Gafos e a Xunqueira de Alba.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad