Sthela Táboas 04/11/2022

Son 11 anos xa os que a Xunta de Montes de Atios leva organizando estas xornadas que achegan a micoloxía aos vecinos con actividades dirixidas tanto a escolares como a adultos

Despois da longa paréntese da pandemia, recupérase por fin unha das actividades que máis nos conectan coa natureza e que máis atractivo espertan nos amantes do monte e os seus valores. As Xornadas Micolóxicas volven da man da Xunta de Montes de Atios tal como xa fixeran na última edición, que xa serán 11 anos que manteñen esta actividade para a divulgación e degustación dos cogomelos, dos que no monte de Atios hai unha ampla variedade.

Comezaron hoxe no colexio de Atios, cos alumnos do 6º curso cunha charla divulgativa adaptada aos nen@s, que tiveron un primeiro achegamento ao amplo mundo dos fungos e a micoloxía a través de expertos da empresa Myco Galicia Plantae, vencellada a Universidade de Vigo, apoiados de fotografías, gráficos e infografías que lles fixeron máis amenas as explicacións. Logo sairon ao exterior para poñer en práctica o aprendido, onde distribuidos en grupos percorreron o monte na procura dos cogomelos que se dan na contorna para despois, da man do experto, ampliar as explicacións cos exemplares recollidos.

O domingo, como vén sendo tradicional, será a quenda dos maiores, aínda que tamén poden sumarse os máis pequenos da familia. Subirase ao monte para recoller cantos cogomelos poidan e sempre dentro do que marca a normativa.

Dende a Xunta de Montes de Atios, recomendan acudir provistos de cesto e ferramenta para a colleita, pero antes de iniciar a xornada, o experto dará as indicacións pertinentes para ser respetuosos co entorno e co recurso micolóxico. Unha vez teñamos a recolleita satisfeita, na cafetería do Centro Cultural de Atios poderanse degustar os pratos máis sabororosos elaborados co froito máis prezado do outono.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad