Sthela Táboas 04/11/2022

Este  programa, que ten como obxectivo achegar o deporte inclusivo á rapazada da provincia, terá lugar entre o 16 de novembro e o 20 de decembro en escolas deportivas de 18 concellos da provincia

En liña coa Axenda 2030 e co obxectivo de que “a sociedade tome conciencia de que todas as persoas teñen dereito a facer deporte e que, ademais, o deporte adaptado ten un enorme valor deportivo e social” –tal e como detallou Carmela Silva- nace o programa “Suma na Escola”, para achegar o deporte inclusivo á rapazada da provincia de Pontevedra. A iniciativa, que terá lugar entre o 16 de novembro e o 20 de decembro en escolas deportivas de 18 concellos da provincia, pon o acento “na aposta clara polo dereito de todas as persoas a participar no deporte, particularmente aquelas con diversidade funcional”.

O programa consta de tres actividades diferentes: “Suma na Escola+”, unhas xornadas de deporte inclusivo na rúa e a elaboración dun vídeo final para dar visibilidade á iniciativa e que dará conta das diferentes actuacións desenvolvidas. “Suma na Escola+” trátase dunha actividade de deporte inverso a través da cal mozas e mozos poderán interiorizar as dificultades das persoas con diversidade funcional realizando deporte cos instrumentos que habitualmente empregan. Deste xeito a rapazada sen dificultades de mobilidade fará deporte, por exemplo, nunha cadeira de rodas, realizará atletismo adaptado, judo adaptado ou loita adaptada, vivindo en primeira persoa a súa práctica. “Son heroínas e heroes –asegurou a presidenta Carmela Silva-. Unha vez participei nunha actividade de deporte inverso e é complicadísimo facer deporte así”.

Pola súa banda as xornadas de deporte inclusivo na rúa, baixo o lema “Iguais no deporte”, terá lugar na avenida de Montero Ríos de Pontevedra tamén para realizar e interiorizar as prácticas de deporte adaptado. Estará aberta ao conxunto da cidadanía, e contará coa colaboración dos institutos de ensino secundario Valle Inclán e Sánchez Cantón de Pontevedra.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad