Sthela Táboas 02/11/2022

Entre febreiro e outubro realizáronse 350 traxectos curtos e 100 longos como resultado desta campaña que rematou o luns

Ademais de ofrecer relaxantes paseos fluviais, a Ruta do Río Miño, que tivo lugar entre febreiro e outubro, puxo en valor o diverso patrimonio natural, cultural e etnográfico das dúas eurocidades -Monção–Salvaterra de Miño e Valença-Tui- que forman parte de este proxecto, posicionando o río Miño como un destino turístico único e diferenciador.

Inaugurada o 17 de decembro de 2021, no embarcadeiro de Salvaterra do Miño, a Ruta do Río Miño puxo á súa disposición percorridos curtos, dunha hora de duración, e percorridos amplos, dunha xornada completa, con visitas aos centros históricos das catro localidades e degustación de produtos locais.

O resultado da iniciativa, concluída o luns 31 de outubro, foi bastante positivo, confirmando, por unha banda, o forte atractivo turístico desta comarca e, por outra banda, a navegabilidade do río Miño entre as dúas eurocidades. Durante estes meses, 5.400 excursionistas/turistas abordaron a embarcación, creando 350 excursións curtas e 100 excursións longas.

Impulsada en FITUR, Feira de Turismo de Madrid, e na BTL, Bolsa de Turismo de Lisboa, a ruta fluvial comezou a funcionar a finais de febreiro, coincidindo coa época do Entroido. Ante a demanda, en Semana Santa e verán, houbo que ampliar o horario.

A Ruta do Río Miño permitiu reforzar a relación entre os socios do proxecto “Río Minho: Un destino navegable”, xa bastante positivo, e contribuíu a ampliar a oferta turística, cultural e patrimonial dos catroconcellos bañados polo río Miño.

Dentro do proxecto “Río Minho: Un destino navegable”, apoiado polo Programa INTERREG V–A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020, a ruta fluvial implicou as Eurocidades Monção – Salvaterra de Miño e Valença – Tui, así como aos seguintes socios: Porto e Norte de Portugal, Axencia de Turismo de Galicia e Dirección Xeral do Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad