Sthela Táboas 26/10/2022

As componentes do grupo creado en Sanguiñeda recibiron o premio en Lugo durante a tarde do pasado venres 21 de outubro

Malvela foi protagonista o pasado venres da Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2022, na que recibiu o Premio Mestras da Memoria 2022.

Malvela é un grupo mosense de folk galego interxeracional, creado en Sanguiñeda, que está integrado por 13 cantareiras -Matilde, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Sra. Carmen (falecida), Lina, Maruxa, Dina, Aurita, Teresa, Merche e Adela- acompañadas por 6 músicos: Gustavo Domínguez, ao acordeón; Raquel Domínguez, á gaita; Pablo Ces, ao bombo; Anxo Pardo ao tamboril; Abilio Santos, ao cavaquiño; e Ana Senlle, na dirección vogal.

A Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2022 é unha actividade desenvolta pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo -composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, Xosé Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa- propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2022 respectivamente a Malvela e Faustino Luís Seoane, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.

As distincións entregáronse no marco da VII Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria celebrada en Lugo, co apoio do Concello de Lugo, o 21 de outubro. O acto tivo lugar no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo dende as 18:00 h.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad