![](https://porrinodigital.es/wp-content/uploads/2022/10/Porrino-Fut-Sala-Adapt.jpg)
A Federación Galega de Deporte Adaptado organiza esta competición que se disputará este mércores pola mañá no Polideportivo Municipal
O Polideportivo Municipal do Porriño acolle mañá a Copa Federación de Fútbol Sala Adaptado, organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado, na que catro equipos se darán cita son: Aceesca, Juan María, Juan XXIII e San Rafael.
A competición disputarase pola mañá, e consta dun total de seis encontros de dous tempos de 10 minutos cada un, sendo o primeiro deles ás 10.30 h e o último ás 13.00 h.
![](https://porrinodigital.es/wp-content/uploads/2022/10/Porrino-Fut-Sala-Adapt.1.jpg)