Sthela Táboas 24/10/2022

Militantes e vecinos ateigaron o novo local, que conta cun fermoso mural da praza do Concello pintado a man por un artista local

O PSdeG de Salceda deCaselas celebrou o sábado a apertura da súa nova sede, nun acto que contou coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra e do PSdeG, Carmela Silva,  xunto a un gran número de persoas militantes e doutras agrupacións socialistas da provincia. A Secretaria Xeral local e alcaldesa, Verónica Tourón, e a súa Secretaria de Organización, Ana Belén Valiño, estiveron á cabeza dos moit@s militantes, simpatizantes e veciñ@s de Salceda que ateigaron a nova sede local nesta ocasión tan especial.

Ana Belén Valiño abriu o acto para presentar a Presidenta da Deputación e agradecer a súa asistencia, recoñecéndoa como un exemplo do empoderamento que as mulleres deben acadar en política. Posteriormente interviron Carmela Silva e Verónica Tourón.

A Presidenta da Deputación quiso recoñecer o gran traballo realizado dende a alcaldía e o grupo municipal socialista, que mudou Salceda de forma importante nestes últimos anos e o papel da militancia local, como fundamental para conquerir os mellores resultados nas vindeiras eleccións.

Pola súa banda Verónica Tourón fixo una lembranza emocionante do traballo das mulleres e homes da agrupación con máis edade, pola súa loita durante moitos anos para finalmente acadar a Alcaldía por primeira vez na historia de Salceda. Salientou que o Partido Socialista viu para quedarse por moitos anos máis ao fronte do goberno local, co obxectivo fundamental de facer unha Salceda mellor para as persoas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad