Sthela Táboas 21/10/2022

Os socialistas afirman que Rueda estréase cuns Orzamentos “tan lamentables que deflactan a provincia de Pontevedra”. “A baixada do imposto aos ricos fai que teñamos menos recursos para atender ás clases medias e aos traballadores coa falta de inversión e  tamén se traducen en menos médic@s, enfermeir@s, profesor@s e funcionari@s en xeral”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE pontevedrés, David Regades, valorou as Contas que o Goberno galego vén de presentar. “O día da marmota, a moviola, a repetición da repetición… poñámoslle o nome que lle poñamos, os Orzamentos da Xunta para 2023 na provincia son o mesmo de sempre”. David Regades fixo estas manifestacións durante a xuntanza da Executiva Provincial do Partido Socialista, reunida hoxe en Pontevedra.

Os primeiros Orzamentos de Alfonso Rueda para a súa provincia non existen. “Sons uns Orzamentos tan lamentables que ‘deflactan’ a provincia, por utilizar terminoloxía PP”. Apenas 195 M€ “de propaganda barata” aos que se se lle restan os 38,5 M€ de achegas estatais para as obras do hospital Montecelo, os 37,6 M€ de pago do canon ao fondo francés propietario do hospital Álvaro Cunqueiro, as partidas repetidas “e xa tradicionais” e os fondos europeos ordinarios FEDER quedan reducidos á mínima expresión. Nunha provincia de 61 concellos, explica Regades, a metade non recibe nin un euro da Xunta de Galicia.

Regades engadiu que se trata dunhas previsións orzamentarias “absolutamente antimunicipalistas e máis lesivos que nunca para os concellos como consecuencia do decimoterceiro ano consecutivo de conxelación do Fondo de Cooperación Local básico, que nin sequera se actualizou coa inflación nestes 13 anos, afogando así aos concellos nun auténtico escándalo de deslealdade institucional”. “Así que as partidas de Investimentos non son máis que a punta deste enorme iceberg de caciquismo, en que se ten convertido a Xunta de Galicia”.

O secretario xeral socialista afirma que as partidas previstas para a Variante de Alba ou para a finca de Lourizán en Pontevedra, “a fotocopia da fotocopia” de todo o que presentan para Vigo ou as partidas que se anuncian para o saneamento das rías, arrastradas dun ano para outro como a marea, completan un retrato catastrófico dun Goberno galego falto de capacidade e de talento. O Orzamento para 2023 complétase coa habitual listaxe de “cacicadillas” en obras de saneamento ou abastecemento de auga en concellos do PP, cun reparto de “esmolas partidistas”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad